No noso espazo organizamos eventos variados relacionados coa gastronomía e os viños.


Eventos

TÚNEL DO VIÑO DA D. O. MONTERREI EN BODEGUILLA DE SAN LÁZARO

  • ACTIVIDADES CULTURAIS  MONTERREI

TÚNEL DE VIÑOS ,D.O. MONTERREI.
Un pequeno percorrido a través de 20 viños da Denominacion de Origen Monterrei aproximación a cata, viticultura básica, elaboración en blanco e tinto, diferentes terruños… esencia pura de Monterrei por copas. Unha oportunidade de catar os principais viños da rexión. Contamos con LUIS PAADÍN (Master en Viticultura y Enología de la Universidad de Vigo, formador homologado de jerez, formador homologado de cava, autor de la Guía de Vinos de Galicia, miembro de FIJEV y WAWWJ, catador internacional en Mundial de Bruselas, Citadelles du Vins, Mundial de Chile, Tastevinag de Bourgne, Concurs des Vins del Loira, Terravino Israel y Top Ten Portugal).


CATA VINOS, HERMANOS PÉREZ PASCUAS

Esta semana presentamos unha adega familiar fundada no ano 1980 polos irmans Pérez Pascuas, que dende un principio apostaron pola elaboración de Grandes Viños, Bodegas HNOS PÉREZ PASCUAS en Pedrosa de Duero, Burgos da D.O. Ribera del Duero.
Con viñedos propios logra autoabastecerse garantindo un control de calidade nos viños que se elaboran anualmente, sendo a Tinta del País con un 90% e a Cabernet Sauvignon con un 10% as uvas utilizadas.
Contamos con JOSÉ MANUEL PÉREZ OVEJAS, enólogo e
director técnico de esta bodega familiar.
Será o vindeiro xoves 24, como de costume as 20:30 na sala de catas de Bodeguilla de San Lázaro.


Micoloxía con JOSE MARÍA COSTA LAGO, CURIOSIDADES SOBRE OS GASTEROMYCETES

  • IMG_8894
  • IMG_8882
  • IMG_8844
  • ACTIVIDADES CULTURAIS  MICOLOXÍA 2016

Un ano maís contamos na sala de catas de Bodeguilla de San Lázaro coa presencia de JOSÉ MARÍA COSTA LAGO da asociación micolóxica PAN DE RAPOSO, o noso particular ASESOR no mundo de micoloxía, nesta ocasión a súa charla versará sobre “CURIOSIDADES SOBRE OS GASTEROMYCETES”. Confío que sexa do voso interés, contamos con 25 prazas e será o vindeiro luns día 14 de novembro como de costume as 20:30, para comezar ben a semana. Si te queres anotar envía un correo a info@bodeguilladesanroque.com


ACTIVIDADES CULTURAIS BODEGUILLA, MICOLOXÍA 2016

  • ACTIVIDADES CULTURAIS  MICOLOXÍA 2016

Un ano máis contamos na nosa sala de catas de Bodeguilla de San Lázaro, con JOSÉ MARÍA COSTA, da “Asociación Micolóxica Pan de Raposo” Impartirá e guiaranos a iniciación deste mundo tan atractivo. Este ano o título da charla é “CURIOSIDADES SOBRE OS GASTEROMYCETES”
Grupo tan artificial como polifilético, os gasteromycetes son un grupo de fungos moi coñecidos a nivel popular. A súa variada e vistosa macroscopía, moi alonxada dos típicos agaricais con forma de paraugas e os peculiares cheiros dalgunhas especies chamaron moito a atención tanto do home do campo como dos primeiros naturalistas. Aínda así son considerados nos círculos micófilos como fungos de “segunda orde”. Algo lamentable, pois para o afeccionado á micoloxía de campo tódolos fungos deben ter a mesma dignidade.


ACTIVIDADES CULTURAIS BODEGUILLA CATA- TALLER PLATÚ

  • ACTIVIDADES CULTURAIS  TALLER PLATÚ 2016

Un taller dirixido por CARLOS ABILLEIRA, campión galego de coctelería acrobática 2016, un taller no que poderás elaborar o teu propio combinado ou cóctel supervisado por Carlos.